| Provincia | Concello | Parroquia | Galería Fotos | En Bici |
|---|---|---|---|---|
| Ourense | San Amaro | Navío (San Fiz) | Fotos A Brea | Vilaverde |

A Ermida non é unha aldea propiamente dita ,senon un grupo de casas para gardar o gando por tempadas; coñecida por ter vivido alí o lubishome Romasanta.
Este lugar pertence a Rebordechau (aínda que dista desta aldea máis de 2 Km),e polo tanto á parroquia de Rebordechaou (Santa María); coñécese tamén como "casetas de Rebordechau". Alí nunca viviu nadie; so as vacas (e con elas, non se sabe canto tempo, quizáis un ano, Romasanta, "o sacaúntos", fuxindo dos seus primeiros crimes), e parece que tamén algún "okupa".
Así vemos que o que nos pode chamar a atención,que é a ausenza de ventás, responde a que na planta baixa estaban os establos,e na superior os apeiros de labranza e as viandas dos animais.
A localización,na estrada que leva a Rebordechau (que recomendamos visitar pola belísima arquitectura popular) é outro dos grandes atractivos deste lugar. Cremos que pode ser moi interesante para calquer proxecto turístico (esperemos que alguén se anime).
Calendario Eventos BTT
Contáctanos | Condicións de Uso.
Copyright © 2012 -P.A.N. MTB org- . Todos os Dereitos Reservados.